Artesans é un punto de encontro para diferentes vertentes artísticas afincadas na Galiza. Entre todos os compoñentes, que cada día se vai ampliando sen ser asociación nen colectivo establecido, podemos atopar ceramistas, xoieiros, marroquineiros, pintores e todo tipo de creadores e artesáns. Todos eles responden a unha iniciativa común baseada nuns principios de comercio xusto e creatividade marcada por deseño unido a calidade mediante un proceso artesanal.
Hoxe en día, por artesan enténdense moitas cousas e podemos incluso dicir que a palabra está un pouco dexenerada debido a un mal uso ou mellor dito, a un sobreuso da mesma. De todos xeitos, por artesan entendemos, persoa que realiza un oficio puramente mecánico. Todos os artesans aqui incluídos, non se limitan a eso, pois o seu traballo é unha evolución constante, facendo investigacións dos materiais cos que traballan para mellorar en cada unha das suas obras, probando constantemente novas técnicas de traballo, novos materiais, novos acabados e por suposto novas formas e deseños que fan que cada un deles sexa un novo artista cada día. Artista, un concepto moitas veces ligado ó de artesán e que ainda que teñen relación, temos que diferenciar. Artista é unha persoa que cultiva algunha arte, sendo arte, unha capacidade humana para crear beleza, habilidade. Por eso podemos dicir que os nosos artesáns son artistas, pois empregando un proceso mecánico perfeccionan unha habilidade coa que crean beleza con unha calidade e un gusto exquisito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario